Arquitectura pública de Ferrol 1977-2017

Manuel A. Romero Pérez | Federico Carro Gil · 2020 | 177 páginas

A arquitectura pública ofrece unhas características que a diferencian da privada. Non é un ben de consumo senón de uso dotacional. Vén resolver necesidades públicas, non privadas. Pola súa propia natureza é singular e irrepetible e, polo tanto, non suxeito a modas como adoita ocorrer coa arquitectura residencial. Ao non ser obxecto de lucro o seu deseño goza da liberdade que raramente concede o promotor ao proxectista: de feito, os arquitectos aproveitan o encargo ou o concurso de ideas, para achegar o mellor de si mesmos sen máis preocupacións que o límite orzamentario ou, quizais, a opinión velada e non determinante do político que a promoveu.

Desde o Club de Prensa de Ferrol queremos saudar de bo grado a magnífica colaboración que tivemos cos representantes do Colexio de Arquitectos e celebramos o bo resultado obtido. Tanto os interesados na arquitectura como os neófitos teñen nas súas mans un argumento inequívoco para sentirse orgullosos, un pouco máis, da nosa cidade.