Número 8
A revista segue fiel á súa formulación orixinal abundando nos seus contidos os temas que teñen que ver directamente con Ferrol e a súa comarca e con Galicia en xeral.
A música, nas súas mais variadas vertentes, a figura da muller na Galicia medieval, un interesante traballo de Carlos Gurméndez sobre a obra ensayística e filosófica de Dieste, un achegamento a Álvaro Paradela, un estudo sobre as orixes lingüísticas de Hispania son parte do interesante contido desta revista que se complementa, no apartado de creación con poemas de Xullo Pérez de Gamarra e fotos de Carlos L. Valcárcel. Edítase un caderno separata sobre: "O pasado e Futuro do Teatro Jofre". Figura unha entrevista con Julio Aneiros.