Número 4
A publicación estabilízase e continúa coa súa liña editorial predominando a temática ferrolá con ensaios literarios e lingüísticos. Incorpórase unha pequena publicación monográfica sobre a fonte Wallace. Figura tamén unha entrevista co escritor Xavier Alcalá.
Artigos de Jorge Llorca Freire, J. M. Montero Santalha, Robustiano Fdez. Ballesteros, Julio Pérez de Gamarra, Maruxa Orjales, Lois Rodríguez e Daniel Romero, Vicente Araguas, Ángel Lugilde, Luis Mera, Germán Castro Tomé, Julio M. García Iglesias e poemas de Rosa Méndez Fonte.