Número 30

O trinta, dicimos no Club de Prensa, é un número primordial no devir da revista FerrolAnálisis por varias das súas acepcións: supón algo substancial, notable.

Alcanzar trinta números nunha publicación destas características é, en efecto, un feito notable, un fito que alcanzan moi poucas revistas nas que se coidou tanto a pertinencia e calidade dos contidos como a sabedoría e coñecemento dos autores e colaboradores. O Club de Prensa así o entende e agradece o gran esforzo colectivo realizado (de forma desinteresada) por redactores, conferenciantes, fotógrafos, artistas, pintores, historiadores, articulistas, escritores, xornalistas, deseñadores e demais colaboradores durante todos estes anos. Tamén, e de modo especial, á Deputación dá Coruña que protexe e imprime a súa edición.