Descripción del proyecto

Historia Gráfica do Club de Prensa de Ferrol (1987-2012)

Germán Castro Tomé · 2014 | 366 páginas

O Club de Prensa de Ferrol cumpriu no 2012 vintecinco anos de vida. Aínda que con certa demora – nunca é tarde… - elaboramos un documento, o Cuaderno de FerrolAnálisis que denominamos : 25 aniversario. Historia gráfica do Club de Prensa de Ferrol ( 1987-2012). O que amosamos son as iniciativas principais sobre as que descansa a bagaxe do Club. No tinteiro quedan outras como ciclos de charlas, con diversa temática, etc. Anímanos un simple obxectivo cal é compartir este material, que contextualizamos literariamente, con todos os cidadáns á vez que o brindamos como fonte bibliográfica de posibles estudosos, investigadores e curiosos que queiran achegarse á historia e vida da entidade xornalística.