Pablo Iglesias en su tiempo. 100 años de socialismo parlamentario. (1910-2010)

2010 | 139 páxinas

Un gran traballo, histórico e documental, sen dúbida, que lles ofrecemos aos nosos lectores con gran satisfacción, tanto pola súa calidade como pola talla ética e humana do personaxe que o inspira: o ferrolán universal Pablo Iglesias. Ao seu estudo e comentario están dedicados dous excelentes traballos, asinados, un polos ferroláns Esperanza Piñeiro de San Miguel e Andrés Branco, e outro, por Rosa Mª López González, da Fundación Luís Tilve. Fotografías do personaxe e da súa implicación política irán lembrándonos un tempo e unhas circunstancias que son os cimentos da España democrática actual. E todo este aparello investigador e documental vese enriquecido con opinións que, sobre Pablo Iglsias, deixaron por escrito ilustres españois do campo das Letras e da política, como Valle-Inclán, Ortega y Gasset, Unamuno, Fernando de Los Ríos ou Julián Besteiro, entre outros.