Número 23
A nova edición de FerrolAnálisis nº 23 con 330 páxinas, está realizada por 43 colaboradores procedentes de diversas cidades de Galicia, Madrid, Salamanca, Catalunya, Alicante, Rioja, Portugal, Italia e Reino Unido. Con este grupo de escritores está o pintor Celestino Poza, convidado polo Consello de Redacción para ilustrar diversos espazos da revista. A edición iníciase con dous artigos técnico- científicos sobre O futuro da industria naval militar que describe o denso e profundo traballo de investigación e actualización de datos macro económicos dos Estados e a evolución técnica sobre o tema. O segundo é a fascinante e breve anotación histórica sobre o ilustrado matemático ferrolán Vimercati.
O apartado dedicado a Galicia continúa (ver nº 22) coa historia do Centro Galego da Habana, achegando nova documentación e, unha nova dimensión de Curros Enríquez e a súa crenza evanxélica. O Curso Carlos Gurméndez recolle as intervencións dos relatores que participaron no Curso, Retos e Valores do Xornalismo e a Comunicación. Este tema era a gran débeda intelectual que tiña o Club cos xornalistas dos diversos medios. Especialistas de prensa escrita, Internet, universidades, axencias informativas, etc. estableceron un mapa reflexivo sobre a comunicación.
Paul Preston eexamina a situación dos correspondentes estranxeiros na Guerra Civil española. Nesta sección de Internacional acompáñanlle 13 autores con temas moi diversos: A Igrexa e Monseñor Tarancón, o Maio Francés, a Música, o Viño, etc. As metas propostas en Cartulario están cumpridas cunha reflexión dual sobre a Inmigración. Creación e Portafolio mostran a creatividade poética e a poética da imaxe fotográfica.