Número 22
O novo número de FerrolAnálisis leva incluídos diversos artigos científicos xunto con outros de carácter máis humanista, que son os que con máis frecuencia asoman a estas páxinas. Este número, xestado en pleno Ano da Ciencia, acolle pois, traballos de produción científica e análise sobre a Industria Naval Militar e sobre a industrial actual e histórica (Reganosa e Pysbe). E neste vivo empeño de agarrarse á ocasión, trátanse as técnicas de reprodución humana asistida e o debate sobre a enerxía do futuro: nuclear ou renovables.
A temática Ferrolterra continúa en clave de pasado e presente co bicentenario do pintor Pérez Villaamíl, o legado do franquismo e a historia dun emigrado ferrolán, actualizándose cunha análise das eleccións en Ferrol en 2007. Galicia traspásase no "tempo" ao Centro Galego de Cuba e se reactualiza coa presenza poética espiritual e cívica de García Lorca e Valente, tamén coa presenza de "espírito festivo" nunha análise das festas laicas. En Internacional a azarosa vida do fotógrafo Kevin Carter, a II República, a Inquisición e finaliza con outro artigo con aire, voo e sustancia para a arte e a comida. A arte ocupa na revista as seccións de Creación e Portafolio, asi como o pintor convidado fai “falar” elocuentemente aos seus debuxos con clara elocuencia.