1999 | Pensando a política: sesenta anos despois da Guerra Civil
2º Curso de Pensamento Carlos Gurméndez. Pensando a política: sesenta anos despois da Guerra Civil.
Do 28 ao 30 de jullo de 1999 celébrase no Convento de San Agostiño de Pontedeume o II Curso de Verán de Pensamento Español Contemporáneo baixo o título: "Pensando a política". A dirección do curso quedou a cargo dos catedráticos da Universidade da Coruña, Xosé Mª Dobarro Paz e José Luís Tasset, actuando como secretarios do curso Xermán Castro Tomé, presidente do Club de Prensa de Ferrol e Luis Mera Naveiras, redactor de FerrolAnálisis. Nesta segunda convocatoria do curso incorpórase a UIMP ao proxecto do Club de Prensa de Ferrol.
A temática era obligada ao conmemorarse o 60 aniversario do final da Guerra Civil Española e o inicio do exilio republicano español de 1939. Sesenta anos despois constitue un deber moral e intelectual realizar una reflexión sobre a obra intelectual e científica desenrrolada en torno a tan singular e importante período da historia de España. Os obxetivos fundamentais son estimular o coñecemento na forma más ampla sobre tan cruenta guerra ao tiempo de acercar este tema da nosa historia contemporánea á sociedade e moi especialmente ás novas xeracións.
Ó curso estructúrase sobre as secciones académicas de Historia, Pensamento Filosófico, Literatura, Belas Artes, Poesía e Política.