Los diques de Ferrolterra

Alejandro Anca Alamillo · 2005 | 145 páxinas

De forma clara, documentada e ben ilustrada con fotografías, o autor reúne as diversas variantes da construción e uso dos distintos diques secos - tamén o de mareas da Cabana - cos que foron dotando os estaleiros da ría de Ferrol.

No texto déixase constancia do esforzo que encerra a historia de cada un deles: desde o empeño pola aplicación das máis modernas tecnoloxías de que se dispuña en cada época até as moitas horas de tesón e traballo empregados. O traballo comeza cos Diques de la Ilustración. O número ún inaugurouse en 1762 e o número dous en 1764. Documéntase o sistema de achique que se faría a través da forza humana (presos desterrados, mouros, vagos e xitanos) até a invención dunha "máquina atmosférica de efecto simple" deseñada por Jorge Juan.