Bases da Convocatoria

  • Poderán concorrer os fotoxornalistas cun traballo de tema galego ou relacionado con Galicia.
  • As fotografías deberán estar publicadas en medios de comunicación (papel ou dixital) de cabeceiras recoñecidas entre o 01/01/2021 e o 31/12/2021.
  • Créanse dous apartados de participación (foto do ano e foto-reportaxe do ano), podendo concorrer so a un, para un único premio, de 1.000 euros.
    • FOTO DO ANO. Os fotógrafos enviarán como máximo tres fotografías en B/N ou color. Para esta modalidade deberase enviar a maiores orixinal ou copia, lexible e enteira, da páxina do medio onde foron editadas.
    • FOTO-REPORTAXE DO ANO. Os fotógrafos enviarán entre tres e cinco fotografías en B/N ou color, que formarán unha serie e irán acompañadas dun texto explicativo da temática cun máximo de 800 caracteres. Enviarán tamén copia ou orixinal lexible da publicación desta reportaxe no medio onde foi publicada.
  • Os autores enviarán as fotografías en arquivo dixital por correo electrónico a galiciaenfoco@clubdeprensadeferrol.com.
  • As especificacións técnicas dos arquivos son:
    • Espazo de cor AdobeRGB (1998), 8 bits, formato JPG (opcións de imaxe en calidade máxima, liña de base estándar), a 300 ppp de resolución e con tamaño de imaxe do lado máis grande de 30 cm.
    • O nome dos arquivos fotográficos debe ser: nomedoautor1-2-3.jpg (no caso das fotos do apartado FOTO DO ANO). No caso das fotos de reportaxe (FOTO-REPORTAXE DO ANO) será: nomedoautorserie1-2-3-4-5.jpg.
  • Cada fotografía enviarase coa súa ficha individual debidamente cuberta que se poderá descargar neste enlace.
  • Os fotógrafos enviarán un breve currículo (ademais de cubrir a ficha de inscrición), coa formación e actividade profesional.
  • O prazo de recepción remata o día 3 de setembro de 2022 ás 14:00H. A comprobación do correo ou calquera dúbida farase no mesmo enderezo: galiciaenfoco@clubdeprensadeferrol.com.
  • O Xurado estará composto por: a presidencia do Club de Prensa de Ferrol (ou en quen delegue), e dous fotoxornalistas de recoñecido prestixio, asistidos por un secretario con voz e sen voto, membro do Club de Prensa de Ferrol.
  • O Club de Prensa de Ferrol poderá utilizar as obras para os fins previstos neste certame, así como nas súas publicacións e nunha exposición e un catálogo que reúna as obras seleccionadas entre as presentadas. Resérvase os dereitos de reprodución gráfica das obras premiadas, que poderán ser difundidas a través da súa páxina web e calquera outro medio publicado por esta institución, así como nas redes sociais.
  • A presentación a este certame supón a aceptación das bases.