Logo
Premio de Xornalismo Luís Mera

2º Premio de Xornalismo Luis Mera


BASES DO 2º PREMIO DE XORNALISMO LUIS MERA

1 O Premio está dotado con 1.000 euros, diploma acreditativo e alegoría artística. En caso de recaer o premio en traballos colectivos a cuantía será proporcional. O Xurado poderá outorgar Accésits, sen dotación económica, entregando aos seus autores pezas artísticas semellantes alusivas ó Xornalismo. O Premio estará suxeito as correspondentes retencións fiscais.

2 Poderán concorrer ao certame os xornalistas profesionais e colaboradores habituais que desenvolvan o seu traballo de información ou opinión sobre calquera tema ou xénero no ámbito dos devanditos Concellos, e fosen publicados ou emitidos nun medio de comunicación da Comunidade Autónoma.

3 A convocatoria do Premio está aberta para os traballos publicados ao longo do ano 2015. En ningún caso se admitirán artigos ou series fora dese prazo. Admitirase a concurso un único traballo por autor.

4 Os traballos serán presentados a título individual. O prazo de recepción finaliza o próximo 9 de marzo.

5 Os exemplares presentados requerirán as seguintes condicións:
PRENSA ESCRITA:
Envío de un exemplar orixinal ou copia da publicación no que foi difundido e copia do traballo en Pendrive ou CD.
AUDIO ou VÍDEO:
Entregarase unha copia en soporte CD ou DVD que deberá recoller o espazo ou programa completo en que foi emitido.
ELECTRÓNICO: Se presentará unha copia en papel e un arquivo coa copia en CD que recolla a captura da páxina ou páxinas web donde foi difundido.

6 O Xurado estará composto por profesionais do sector da comunicación e da vida cultural, asistido nas súas deliberacións por un secretario con voz e sin voto.

7 A decisión do Xurado será inapelable.

8 Os traballos que se presenten ao premio farán constar no sobre:
     2 º PREMIO DE XORNALISMO
     CLUB DE PRENSA DE FERROL
     Club de Prensa de Ferrol
     Apdo de Correos 283
     15480 Ferrol

9 A presentación e a inscrición farase a través da páxina web do Club de Prensa de Ferrol:
www.clubdeprensadeferrol.com (pestaña): Premio Xornalismo/ Inscripción.
Unha copia desta inscrición será enviada coa copia do traballo ao enderezo do Club de Prensa. Enviarase tamén un texto explicativo que razoe e defenda o interese do tema presentado, considerando a súa incidencia xornalística, a repercusión social, etc.

10 O fallo do xurado se fará público antes do día 31 de marzo de 2016.

11 O Club de Prensa de Ferrol poderá divulgar, a súa libre elección, os traballos premiados na revista FerrolAnálisis citando o medio de publicación orixinal.

12 A presentación a este premio implica a aceptación polos autores de todas as bases da convocatoria, así como a autoridade do Xurado para resolver continxencias non explicitas nesta normativa.


© Club de Prensa de Ferrol 2009-2017