Descripción del proyecto

Xosé Hermida recibe o "Premio José Couso de Liberdade de Prensa" na súa XIII edición


Ferrol, 04 de maio de 2017

Hermida reivindicou a comunicación de proximidade lembrando que "todo o xornalismo é importante".

Quizais foi este "XIII Premio José Couso de Liberdade de Prensa" ao que acudiron máis xornalistas e isto é algo que convén resaltar. Do relato de como se desenvolveu o acto central no teatro xa se publicaron notas e columnas. O terceiro tempo, os instantes posteriores ao acto formal e xa fóra das formalidades resultou entrañable polas mostras de afecto e agarimo que recibiu Xosé Hermida de todos, pero en especial dos seus compañeiros xornalistas. Ao final, cando se chamou a retirada, seguía a algarabía e seguro que seguiu e seguiu despois de pousar todos rodeando ao compañeiro premiado. Aí queda a mostra para o recordo.

Na foto: Xosé Hermida e González Sarria decano do CPXG e xornalistas asistentes.