Descripción del proyecto

Rosa Cal presenta o seu libro "RADIO LIBERTY: La CÍA en Playa de Pals"


Ferrol, 26 de outubro de 2017

O xoves 26 de outubro no Ateneo Ferrolán , a profesora emérita da Universidade Complutense de Madrid, Rosa Cal Martínez, presentou o seu último libro "RADIO LIBERTY: La CÍA en Playa de Pals". O acto de presentación estivo organizado polo Club de Prensa de Ferrol e nel que participaron a súa presidenta, Xulia Díaz, o historiador Eliseo Fernández, e á autora Rosa Cal, quen hai trinta anos formou parte da primeira Xunta Directiva do Club de Prensa de Ferrol.

Froito dunha extensa e rigorosa labor de investigación en arquivos españoles e dos EEUU, no seu libro Rosa Cal, sostén que Radio Liberty foi un puntal proporcionado polos EEUU, para afianzar a ditadura de Franco. A campaña de achegamento comezou en 1937 no New York Times; en 1943 a Oficina Servizos Especiais da CIA enviou a España á que sería esposa do Conde de Romanones, Aline Griffith; en 1947 Franco ditou a Lei de Sucesión "España será un Reino", asinan pois co "reino de España". Foster Dulles e William F. Jr Buckley enxalzaron a figura de Franco en 1957. Ese ano asinouse o acordo para montar a emisora.

Os alicerces da radio eran: a CIA, grandes empresas coas súas achegas económicas, e os militares. O seu labor era emitir propaganda aos países da URSS, co obxectivo de "conseguir a súa liberación". Foi das máis potentes do mundo, co material máis novo no seu momento. Unha emisora practicamente descoñecida para os españoles.

O acto de presentación converteuse nunha lección de historia recente e de valoración capacidade a de "crear estado de opinión" que ten a radio e no que Rosa Cal deu mostra da súa paixón e tenacidade investigadora para desentrañar e achegarnos ao coñecemento de cuestións ocultas e aínda pouco estudadas.

Foto: Rafael Permuy