Descripción del proyecto

Presentación do libro " INFRAESTRUCTURA VERDE. Sistema natural de Salud Pública" do Enxeñeiro Agrónomo, Pedro Calaza.


Ferrol, 19 de xaneiro de 2018

O Salón de Actos do Ateneo Ferrolán, acolleu o venres 19 a conferencia do Doutor Enxeñeiro Agrónomo Pedro Calaza Martínez, sobre un tema de crucial e vixente actualidade, que recolle no seu libro "Infraestrutura Verde, sistema natural de Saúde Pública".

O acto organizado polo Club de Prensa de Ferrol, foi presentado por Xulia Díaz Sixto e o arquitecto Manuel Amable Romeu, que glosaron a figura e traxectoria académica e profesional do interveniente e indicaron a importancia do mantemento e ampliación das zonas verdes no ámbito urbano.

O doutor Calaza, comezou a súa disertación facendo un percorrido pola evolución habitacional da Humanidade, incidindo na actual concentración da poboación nas urbes en detrimento das zonas rurais, o que ao seu xuízo, afecta á saúde dos seus habitantes polo que se deben conciliar, de forma paulatina pero enérxica, as distintas disciplinas e intereses sociais, políticos e académicos en aras de lograr esa infraestrutura verde nas cidades. Iso redundará na obtención dun sistema natural que eleve os índices de saúde pública.

A conferencia, impartida de forma amena e ilustrada, continuou cun interesante coloquio e debate entre a mesa e o público que enchía o salón do Ateneo. Foi tamén interesante, en canto a Ferrol refírese, a achega do arquitecto Amable Romeu, sinalando que, a pesar do que habitualmente se poden pensar, Ferrol aumentou de forma considerable as zonas verdes urbanas.

Crónica: Rafael Permuy