Descripción del proyecto

O xornalista Raúl Villares obtén a Premio de Xornalismo "Luis Mera" na súa IV edición. Bea Antón Viscasillas foi premiada cun accésit


Ferrol, 03 de abril de 2018

O xurado do 4º Premio de Xornalismo "Luís Mera", organizado polo Club de Prensa de Ferrol, adxudicou, por unanimidade, o premio ao xornalista Raúl Villares Villar, polo seu traballo emitido pola Radio Galega, sobre FEVE o día 6 de abril de 2017.

Trátase dunha reportaxe radiofónica realizado a bordo do ferrocarril de vía estreita que une Ferrol e Xixón, a única conexión ferroviaria que transcorre pola cornixa cantábrica, con entrevistas realizadas a diversos viaxeiros e persoal técnico do mesmo, en distintas estacións de FEVE, dando unha diáfana visión do estado de abandono en que se atopa e a falta dun orzamento axeitado para o seu mantemento.

Por outra banda, e tamén por unanimidade, o xurado resolveu premiar cun accésit á xornalista de La Voz de Galicia, Beatriz Antón Viscasillas, polo seu artigo publicado no devandito diario o 19 de maio de 2017, baixo o título "Sadi Diawara, joven de Mali que vive en Ferrol desde hace una década", xa que se trata dunha visión humana que fai fincapé nos valores sociais da cidade de Ferrol e dos ferroláns.

A entrega dos galardóns terá lugar en próximas datas.