Descripción del proyecto

O Club de Prensa celebrou o Día de Ilustración ao redor de Federico Ribas con Leandro Lamas


Ferrol, 31 de xaneiro de 2019

O Club de Prensa de Ferrol, sensible a importancia da ilustración, sumouse por primeira vez este ano á celebración do Día da Ilustración, organizando na Biblioteca Municipal de Ferrol as oito da tarde do mércores 30 de xaneiro, unha charla e varias proxeccións sobre ilustración na que participaron o ilustrador Leandro Lamas, a xornalista Puri Rodríguez Calvo de Pingota Comunicación e o concelleiro de Cultura, Suso Basterrechea.

A pesares das inclemencias do tempo, o acto contou cun respectable número de asistentes interesados polo tema e seguidores de Leandro Lamas. Entre eles se encontraba o Presidente fundador e Presidente de Honra do Club de Prensa de Ferrol, prestixioso xornalista e fundador do Diario de Ferrol, Germán Castro Tomé, quen minutos despois de rematar o acto compartía nas redes sociais a súa crónica do mesmo que "gostamos compartir" con todos.

"Tarde-noche de perros (metáfora), pero contra viento y marea "bajé" a la ciudad para asistir a un acto organizado por el Club de Prensa de Ferrol con motivo del Día de la Ilustración celebrado en la sala de la Biblioteca Municipal, que, todo sea dicho, pese a las circunstancias meteorológicas, estuvo satisfactoriamente concurrida.

Condujo la actividad la periodista, de la empresa Pingota Comunicación, ex redactora jefa cofundadora de Diario de Ferrol, Puri Rodríguez Calvo. Abrió el acto Julia Díaz Sixto, presidenta del CPF, que justificó la iniciativa con la relación que guarda el campo de la ilustración con el de la prensa y la comunicación.

Seguidamente, Puri Rodríguez dio paso a un vídeo sobre Federico Ribas (1890-1952), el homenajeado este año en las bibliotecas gallegas. Posteriormente, mantuvo un diálogo con el conocido ilustrador ferrolterrano, Leandro Lamas que habló de sus comienzos y también de su obra, señalando que de no haberse cruzado en el camino con Xaquín Marín, seguramente no habría elegido el oficio de ilustrador.

Cerró el acto el edil de Cultura Suso Basterrechea que dio una interesante lección sobre el mundo de la ilustración subrayando que en dicha actividad el éxito estaba garantizado. Habló de la producción para las editoriales que trabajan el sector infantil e hizo referencia a sus propias experiencias como profesor".

O Día da Ilustración é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI). O protagonista de 2019 é o vigués Federico Ribas, grande innovador da publicidade, moi célebre no seu momento coas súas ilustracións para a empresa perfumeira Gal e para a conserveira Massó. Como parte da homenaxe, realizouse un pequeno vídeo de dous minutos cunha ollada á súa vida e obra, seguindo a serie iniciada en 2017 con Álvaro Cebreiro e continuada en 2018 con Camilo Díaz Baliño. Ademais, a Biblioteca e Arquivo de Galicia inaugura o 25 de xaneiro, unha mostra, titulada "Federico Ribas: As liñas da beleza", con obras, publicacións e outros documentos do ilustrador, que poderá visitarse ata o 7 de marzo na sala de exposicións da biblioteca, no complexo do monte Gaiás.

O cartel deste ano foi ilustrado por Santy Gutiérrez.