Descripción del proyecto

O Ateneo Ferrolán acolleu a inauguración da mostra "Galicia en Foco", e a entrega dos galardóns da XXVI edición


Ferrol, 11 de novembro de 2017

O sábado 11 de novembro, e ante o numeroso público que se deu cita no terceiro andar do Ateneo, onde se exhibía a mostra, o Edil de Cultura, Educación e Deportes do Concello de Ferrol, Suso Basterrechea, fixo entrega do premio "Foto do ano de Galicia en Foco" a Felipe Carnotto pola súa obra "Fuxindo do lume" , e Xulia Díaz Sixto, Presidenta do Club de Prensa de Ferrol, entregou a Brais Lorenzo a Mención Especial pola súa foto-reportaxe "A nosa lacra" distinción que por primeira vez na historia de Galicia en Foco recomendou facer o xurado.

A temática das obras premiadas , a vaga de incendios que tivo lugar en Galicia no ano 2016, foi moi comentada pola presencia da mesma nas diversas edicións de Galicia en Foco.

Nesta edición participaron 20 fotoxornalistas, e o xurado estivo composto por Rodrigo Ramos Ardá, Ricardo Groba e Xulia Díaz Sixto, actuando como secretario, Fernando Bores. A exposición que estará aberta no Ateneo ata o 30 de novembro, ten carácter itinerante, sendo o concello de Mugardos o primeiro en amosala.

Foto: Manuel Galdo