Descripción del proyecto

"La Constitución Española 1978-2018”, tema da 21 edición do Curso de Pensamento e Comunicación “Carlos Gurméndez”


Ferrol, 19 de xuño de 2018

O luns 18 de xuño presentouse na sala de reunións do vicerreitorado do Campus de Ferrol a XXI edición do Curso de Pensamento e Comunicación “Carlos Gurméndez", que entre os día 4 e 6 de xullo celebrarase no salón de actos da Facultade de Humanidades do Campus de Ferrol, abordará o tema da “Constitución Española de 1978 -2018” con motivo dos seus 40 anos de vixencia.

O elenco de relatores nos que figuran personalidades do mundo académico, da comunicación e da política, como Santos Juliá Díaz, Roberto Blanco Valdés e Nona Inés Vilariño Salgado que participarán o 4 de xullo, continuará o día 5 con Antonio Madrid Pérez, Patxi Lanceros Méndez, Manuela del Pilar Santos, e José Luis Castro de Paz, e rematará o día 6 de xullo coa intervención de Alberto Sucasas Peón, Esperanza Piñeiro de San Miguel, Xusto Beramendi González e Carolina Bescansa Hernández, engadirá nesta ocasión un valor engadido a un Curso que xa é unha referencia en Galicia, cun nivel de asistencia de entre 70 e oitenta alumnos matriculados. Está aprobada a homologación de 20 horas de formación para o profesorado de ensinos non universitarios.

No acto de inauguración proxectarase un vídeo sobre os trinta anos de historia do Club de Prensa de Ferrol e procederase á inauguración da exposición "A Constitución de 1978", composta por unha selección de viñetas da obra "A Consti" de Forges.

A inscrición é gratuíta e os interesados poden apuntarse chamando ao 661 331 986, enviando un correo a info@clubdeprensadeferrol.com ou ben na nosa web.