Descripción del proyecto

Javier Cervera recibiu o Premio "Foto do Ano" de Galicia en Foco no transcurso da inauguración da Exposición que tivo lugar no Ateneo Ferrolán.


Ferrol, 18 de decembro de 2018

O Club de Prensa de Ferrol inaugurou o sábado 15 de decembro no Ateneo Ferrolán a exposición do XXVII Premio de Fotoxornalismo "Galicia en Foco", que nesta edición distinguiu co seu principal galardón ao fotógrafo Javier Cervera por unha imaxe sobre os incendios do pasado ano na comunidade autónoma. Baixo o título "Bágoas que non apagan lumes", a instantánea mereceu unha dotación en metálico de 1.000 euros, cos que se dotaba por primeira vez o premio. Ao mesmo tempo, o xurado concedeu unha mención especial á serie "Rapa dás bestas", publicada por Javier Arcenillas no suplemento Papel, do diario El Mundo, o 5 de xullo de 2017.

O xurado estivo composto por Anna Turbau, Pepe Tejero e a presidenta da entidade promotora, Julia Díaz Sixto, con Miguel García Corral como secretario.

Sobre a obra premiada, o Club de Prensa de Ferrol asegurou que se trata dunha "Madonna da desolación". "Unha toma desas que só podes facer unha vez na vida", segundo sinalou o xurado que tamén destacou a "achega complementaria e enriquecedora da peza narrativa".

A mostra inaugurada o sábado permanecerá aberta até o próximo 15 de xaneiro, data tras a cal iniciará a súa itinerancia anual por diferentes puntos de Galicia.