Descripción del proyecto

Convocado o Curso Gurméndez 2019


Ferrol, 26 de xuño de 2019

O Club de Prensa de Ferrol convoca o 22º Curso de Pensamento Carlos Gurméndez. Baixo o título "Labirinto europeo” terá lugar en Ferrol, no Campus de Esteiro da Universidade da Coruña. Do 3 ao 5 de xullo, de 2019 en horario de mañá e tarde. Está aprobada a homologación de 20 horas para o profesorado de ensinos non universitarios, de actividade de formación permanente.

Pódese consultar a información completa do curso, así como acceder ó formulario de inscrición na sección do Curso Gurméndez desta mesma web.