Descripción del proyecto

"Conversas no Parador de Ferrol" coa presidenta da xestora do PSdeG-PSOE, Pilar Cancela


Ferrol, 04 de xullo de 2017

A presidenta da xestora do PSdeG-PSOE, Pilar Cancela, participou o martes 4 de xullo no ciclo "Conversas no Parador de Ferrol", onde avanzou que esta semana previsiblemente haberá unha reunión da xestora galega para perfilar o calendario de prazos para a convocatoria das primarias e do congreso.

Sen concretar datas, Cancela situou as primarias entre o mes de setembro e o congreso en outubro. A presidenta da xestora sinalou que a idea do partido é que en decembro remataran todos os procesos orgánicos, incluídos o provincial e os locais. Sobre a decisión de Ferraz de devolver á xestora do PSdeG as competencias para convocar as primarias, Cancela sinalou que se trataba "duns parámetros de normalidade".

Para a presidenta da xestora galega, que forma parte da nova Executiva Federal do PSOE, 2017 é un ano "eminentemente orgánico" e 2018 debe servir para centrar os esforzos en prepararse para as eleccións municipais de 2019. Precisamente sobre o proceso de elección de Pedro Sánchez como secretario xeral do partido, Cancela asegurou que foi "exemplar" e "cunha carga emocional importante".

Sobre a ruptura do pacto de Goberno en Ferrol e as repercusións que poida ter no PSOE local, Cancela sinalou que respondían a "unha responsabilidade co participada" e matizou que cando rompe un pacto, "ten que haber razóns dabondo para facelo", e as consecuencias haberá que "reconducilas". Cancela mostrouse optimista de cara as próximas eleccións municipais.

Na imaxe: Miguel García (Club de Prensa), Xoán Rubia (Club de Prensa), Pilar Cancela (PSOE), José Antonio Cedena (Director do Parador) e Ángel Mato (Senador).