Descripción del proyecto

"Conversas no Parador " coa deputada Yolanda Díaz


Ferrol, 21 de decembro de 2017

O xoves 21 de decembro tivo lugar a última edición de "Conversas no Parador" do ano 2017, na que participou a deputada ferrolá por En Marea Yolanda Díaz. Na súa participación, a deputada deu conta das iniciativas relacionadas coa cidade naval que trasladou a Madrid así como propostas "ata 46" que se puxeron sobre a mesa e que permanecen "vetadas".

Neste sentido, explicou que a cidade naval "necesita como auga de maio conectarse vía ferrocarril con Europa, a Meseta e Portugal para evitar que vos seus cidadáns permanezan illados". Por iso, indicou, "é imprescindible que se acometan conexións ferroviarias, porque si quedamos fóra disto, quedamos amolados". Ao seu xuízo, aplicar melloras ao trazado requiriría unicamente de "pequenas inversión" por parte do Estado, que, ademais, non terían que executarse nunha soa lexislatura.

Despois da súa exposición, someteuse ás preguntas dos xornalistas e de todo aquel que desexou participar no animado coloquio que seguiu a continuación. Yolanda Díaz confesou a súa preocupación por todo aquilo que se podería facer e non se fai respecto de Ferrol e comarca e tamén asegurou, que o seu grupo non deixará de traballar e de chamar ás portas que sexan necesarias para conseguir que as infraestruturas industriais das que dispón a cidade poidan reactivarse de maneira que Ferrol recupere a súa hexemonía nun sector como é o naval onde outrora foi unha referencia.

O tempo resultou pouco polos temas que xurdían e que preocupaban, por exemplo a sustentabilidade das pensións e mesmo o asunto catalán co que iso pode repercutir na política a nivel de estado.

Foto: Manuel Galdo