Descripción del proyecto

"Conversas no Parador" co profesor de Ciencias Económicas da USC Luis Caramés Viéitez


Ferrol, 24 de xaneiro de 2018

O profesor de Ciencias Económicas da Universidade da Santiago, Luis Caramés Viéitez , participou nas "Conversas non Parador", onde falou das "Políticas locais e gobernación Municipal: o caso das cidades".

O profesor Caramés, reputado experto no mencionado tema, foi presentado por Xulia Díaz Sixto, presidenta do Club, quen glosou a longa traxectoria profesional e académica do interveniente, que comezou a súa exposición incidindo na caída demográfica xeral, non só en Ferrol, senón en España, engadindo que o noso país lidera o envellecemento poboacional europeo.

Sinalou Caramés que a gobernanza municipal, dada a actual estrutura do Estado Autonómico, é de difícil solución, xa que o sentido municipalista propio das orixes e raíces da poboación está moi imbuído entre os habitantes de cada un destes pobos, sobre todo nos rurais, o que dificulta a xestión mancomunada dos recursos propios. A constitución de organismos supra municipais, como poden ser as Mancomunidades, as Áreas urbanas ou a chamada "Metropolizacion" de varias cidades, podería facilitar e racionalizar a xestión de servizos comúns, como son os transportes públicos, a recollida de residuos, a subministración da auga, etc. Para iso sería preciso pór á fronte da xestión administrativa a xerentes de perfil técnico, fronte aos políticos, que se resisten a abandonar o control económico. Con todo, iso non é excluínte duns e outros, xa que a dirección política e o control democrático son necesarios.

Os proxectos emprendidos en España foron fracasando aos poucos. "Levamos máis de 40 anos de atraso na gobernación municipal con respecto a outros países europeos", afirmou o profesor Caramés. No en tanto, a pesar do pesimismo, apuntou a posibilidade de renovar un labor pedagóxico entre toda a poboación e relanzar os proxectos desta gobernación común entre os municipios limítrofes, incidindo na liña de menor resistencia, cunha colaboración inicial sen traumas. Finalizou o acto cun animado coloquio.

Crónica e fotografía: Rafael Permuy