Descripción del proyecto

"Conversas no Parador" co profesor da USC, Jaime Barreiro Gil


Ferrol, 20 de decembro de 2018

O mércores 19 de decembro, "As Conversas no Parador" que ven organizando o Club de Prensa de Ferrol en colaboración co Parador de Turismo de Ferrol, tiveron como invitado ao profesor da Universidade de Santiago de Compostela e antigo senador pola Coruña, Jaime Barreiro Gil, quen falou das repercusións económicas do sistema ferroviario de Galicia e as consecuencias de non apostar a nivel institucional por un transporte que, polo menos a nivel de mercancías, resulta fundamental para a maioría das grandes potencias da Terra. "Operamos baixo un sistema desenvolvido no século XIX", asegurou o poñente, recordando que ata fai moi pouco Galicia e Asturias atopábanse completamente desligadas do Corredor Atlántico, pertencente á Rede Transeuropea de Transporte (TEN-T).

Durante a súa intervención, Barreiro sinalou que en España o transporte de mercancías mediante o sistema ferroviario representa unicamente o 5% do total, destacando a falta de apostas por parte das diferentes administracións á hora de establecer un sistema diferente. No caso de Ferrol, pese a estar en construción a conexión por tren ao porto exterior, a falta de visión da clase dirixente supón un desaproveitamento máis que palpable das posibilidades industriais do noroeste, que segundo asegura, podería permitir un rexurdir da cidade como referente comercial da área. Engadiu tamén, que "estar fóra das liñas económicas de Europa é un suicidio que non nos podemos permitir na conxuntura económica da comunidade".

Referíndose á situación de Ferrol, o profesor Barreiro, encomiou o novo contrato de fragatas para a Armada Española, malia que considera que se trata "dunha trampa", ao ser unha solución a medio prazo que non reduce o problema de desenrolar un "monocultivo económico" na cidade naval. Así, Jaime Barreiro reflexionou do perigo de dedicar todos os esforzos nun único modelo que depende, principalmente, "dun único cliente". A intervención de Jaime Barreiro, foi cualificada polos xornalistas asistentes, como unha das mellores intervencións do presente período.