Descripción del proyecto

Conferencia de Baltasar Fra Molinero: "Unha visión actual de USA, o Mr. Trump que nos vén"


Ferrol, 22 de xuño de 2017

O profesor no Bates College ( Lewinston)-Maine- USA, Baltasar Fra Molinero, impartiu a disertación que sobre "Unha visión actual de USA, o Mr. Trump que nos vén" que foi cualificada de "excepcional" polo público asistente ó acto celebrado o día 22 de xuño na entreplanta da axencia de viaxes Galitur (Galiano, esquina Praza de Armas), organizada polo Club de Prensa de Ferrol.

Na disertación aclarouse que podemos esperar desta época de goberno de Trump na que xa vivimos inmersos: unha guerra máis que posible, un cambio da paradigma de valores, o fin de dereitos sociais alcanzados ata agora, máis desigualdades entre os cidadáns; en fin, todo un porvir.

Tamén deu a súa visión de como foi posible que os americanos tomasen a decisión de votar a un personaxe "tampouco culto" pero moi astuto, encantador de serpes e con promesas de solucionar os problemas aplicando medidas retrógradas que están a supoñer unha volta ao pasado escuro e tenebroso.