Descripción del proyecto

20º Curso de Pensamento "Carlos Gurméndez". "Un século de imaxes. Comunicación, Arte e Sociedade"


Ferrol, 08 de xullo de 2017

Durante tres apertadas xornadas de mañá e tarde, os días 5, 6 e 7 de xullo, o Salón de Actos do Campus de Ferrol, acolleu a relatores, alumnos e público en xeral asistente á vixésima edición do curso de pensamento "Carlos Gurméndez" que se desenvolveu ao redor de "Un século de imaxes. Comunicación, Arte e Sociedade".

Unha edición que contou coa presenza de importantes relatores, tanto procedentes do campo universitario como da comunicación, cuxa enumeración detallada e unipersoal sería demasiado prolixa neste apartado, pero do que poden ter información detallada na programación do Curso Gurméndez. Aínda que non debemos obviar que puidemos contar coa presenza simultánea no Salón de Actos do Paraninfo do Campus da Universidade en Ferrol, de dous Premios Nacionais de Poesía, como son Julia Uceda e Luís Alberto de Conca.

Foron unhas xornadas lectivas verdadeiramente interesantes neste curso estival que anualmente convoca o Club de Prensa de Ferrol e que esperamos que siga facéndoo moitos anos máis.

Foto: Rafael Permuy