Ferrol: 10 anos de imaxes (1988-1998)

José Mauriz Collado · 2006 | 320 páxinas

O fotógrafo Pepe Mouriz que traballou “longos” anos para a Axencia EFE, mostrou ao mundo o espazo ferrolán que hoxe queda documentado neste Caderno ao longo das súas 320 páxinas. Nel ofrécese a nosa realidade que como noticia transcendeu máis aló do marco local.

Nestas fotografías está a anhelada vida democrática recentemente recuperada, nelas, a óptica do fotógrafo déixanos ver desde os actos festivos ou tristes dunha cidade que viviu momentos moi tensos por efecto da reconversión da industria naval, situación que tinguiu a política institucional e cidadá e talvez a propia psicoloxía do ferrolán con acusacións, culpabilidades e oportunismos galopantes na industria e a política. O fotógrafo marca o paso do tempo de forma indiscutible de dereito e de feito, sí, fai historia e nós a través da súa imaxe revisámola para que non exista esquecemento, senón memoria, vivísimo recordo dun Ferrol que é, segundo reza no texto de introdución: “un fenómeno en atascar os temas”. ¡ Que carreiron o noso!.