Logo
Libertad de Prensa: El premio José Couso

Libertad de Prensa: El premio José Couso


Candidaturas XIII Edición Premio "José Couso" 2017

Ferrol, 16 de marzo 2017
Seis candidaturas, catro homes e dúas mulleres, concorren este ano ao Premio José Couso de Liberdade de Prensa, iniciativa do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e o Club de Prensa de Ferrol. As propostas desta XIII Edición son Asli Erdogan, Ignacio Escolar, Xosé Hermida, Virginia Pérez Alonso, José María Pérez González Peridis e Jorge Ramos.

Os candidatos, que se distinguiron pola súa defensa da liberdade de prensa, foron propostos polos colexiados do CPXG, asociados do Club de Prensa de Ferrol ou por entidades e persoas relacionadas coa comunicación. Dende hoxe e ata as 19.00 horas do 6 de abril, os colexiados e colexiadas do CPXG e asociados e asociadas do Club de Prensa de Ferrol poderán elixir ao gañador.
Candidatos:
- Asli Erdoğan
Asli Erdogan é escritora e activista polos dereitos humanos turca, física de formación. Iniciou a súa carreira literaria, na que destaca a novela A cidade cuxo manto é vermello, en 1994, e compaxinouna coa publicación de máis de 200 columnas de opinión en varios xornais: na actualidade no Özgür Gündem e previamente no Radikal. Foi perseguida e sufriu numerosas campañas de acoso en Turquía polos seus escritos, polo que viviu exiliada varios anos. O 16 de agosto do 2016 foi detida na súa casa, saíndo en liberdade provisoria, á espera de xuízo, o 29 de decembro. Ten prohibido abandonar o país.

- Ignacio Escolar
Ignacio Escolar García iniciou a súa carreira xornalística en 1995, traballando en medios como Cinco Días, El Mundo, Muy Interesante, Rolling Stone, Tele 5, La Voz de Almería ou a Cadena Ser. Foi fundador e director entre 2007 e 2009 do diario Público e, desde o seu nacemento no 2012, dirixe o xornal dixital eldiario.es. Colaborador e tertuliano en numerosos medios, en abril de 2016 cesaba a súa participación no programa Hoy por Hoy da Cadena Ser, logo de que eldiario.es publicara unha información referida aos Papeis de Panamá nos que supostamente figuraban achegados a Juan Luís Cebrian, presidente executivo do grupo propietario da canle.

- Xosé Hermida
Xosé Andrés Vázquez Hermida comezou a traballar como correspondente de Boiro para El Correo Gallego. Posteriormente pasou pola Radio Galega, onde dirixiu un informativo e unha tertulia, e acabou colaborando con El País. En 1989 asume a correspondencia galega deste diario. No ano 2006, coa creación da delegación en Galicia, é nomeado subdelegado e, a partir do 2008 delegado de El País nesta comunidade. Tras o peche da edición galega en 2015, trasládase a Madrid e ocupa diversos postos en varias seccións do periódico. Finalmente, a principios deste ano asume o cargo de delegado en Brasil do diario.

- Virginia Pérez Alonso
Virginia Pérez Alonso ten unha ampla traxectoria no xornalismo, especialmente no ámbito dixital. Traballou en EFE e La Voz de Galicia antes de dar o salto a 20minutos, onde foi directora adxunta da edición online. Entre 2015 e 2016 encargouse da dirección de elmundo.es e na actualidade é subdirectora de Público. Desde 2014 é presidenta da Plataforma en Defensa de la Libertad de Información, e en 2016 foi escollida membro da xunta directiva do International Press Institute, converténdose na primeira muller española (e a primeira de fala hispana) que forma parte deste órgano. Tense destacado na loita contra os excesos producidos pola Lei Mordaza.

- "Peridis"
José María Pérez González, Peridis, é arquitecto, escritor e humorista gráfico. Comezou a súa carreira como debuxante no Diario Palentino, e máis tarde noutras publicacións como Diario SP, Informaciones ou Cuadernos para el diálogo. Desde o nacemento do diario El País, o 4 de maio de 1976, publica unha tira diaria sobre a actualidade política neste xornal, que o ten situado como un dos máis influentes humoristas gráficos españois, caracterizado por un alto sentido do humor e o seu estilo propio para caracterizar as personaxes. Realizadas con absoluta liberdade, algunhas das súas tiras teñen a forza dun editorial.

- Jorge Ramos
Jorge Ramos Ávalos, xornalista mexicano, comezou a súa carreira na Cidade de México, de onde emigrou en 1983, tras un incidente de censura, a Los Angeles, onde comezou a traballar en Univisión. Dende 1986 é presentador do Noticiero Univisión e dende 2007 conduce o programa Al punto, ademais de publicar unha columna semanal en máis de 40 xornais. Ao longo da súa carreira cubriu cinco guerras, entrevistou a numerosos líderes mundiais, publicou unha ducia de libros e gañou oito premios Emmy. O 25 de agosto de 2015 protagonizou, moi ao seu pesar, un incidente con Donald Trump, no que o daquela candidato á Casa Branca o expulsou da sala de prensa.


Queda aberto o prazo de votación: ata as 19:00 horas do 6 de abril.

O nome do gañador darase a coñecer nunha rolda de prensa. O premiado recibirá a escultura Ás Ceibes, de Manuel Patinha, nunha gala que se celebrará o 4 de maio no Teatro Jofre de Ferrol.

Os colexiados e colexiadas do CPXG poden votar desde hoxe ata as 19:00 horas do 6 de abril co seu usuario e contrasinal na parte privada da web www.xornalistas.gal. Pola súa banda os socios e socias do Club de Prensa de Ferrol poderán facelo enviando un mail a premiocouso@xornalistas.gal.

Aberto ata o 14 de marzo de 2017 o prazo para presentar candidaturas ao XIII Premio José Couso de Liberdade e Prensa.

O Concello de Ferrol acolleu esta mañá a presentación da XIII edición do Premio José Couso de Liberdade de Prensa, organizado polo Colexio de Xornalistas de Galicia e o Club de Prensa de Ferrol. O prazo para presentar candidaturas estará aberto ata as 19:00 horas do 14 de marzo.

Abriu a presentación Francisco X. González Sarria, decano do CPXG, que agradeceu ao alcalde e á corporación municipal a recepción no Concello e a primeira toma de contacto para poder establecer unha maior colaboración do goberno municipal co premio José Couso. O goberno de Ferrol, asegurou o decano, mostrouse aberto a explorar posibilidades de aumentar a súa implicación na organización do galardón. Sarria anunciou tamén que a entrega do premio vai realizarse o xoves 4 de maio no Teatro Jofre.

A continuación, Xulia Díaz Sixto, presidenta do Club de Prensa de Ferrol, mostrou a súa satisfacción por que a presentación do premio se realice no Concello de Ferrol, "onde sempre se acolleu con moito agarimo" o galardón que leva o nome do camarógrafo asasinado. Nese sentido, Díaz destacou que a localización desta presentación é un acto simbólico que reafirma a relación coa cidade de Ferrol que ten este premio, que desexou que continúe por moitos anos. A presidenta do Club de Prensa puxo énfase tamén na relación do galardón co caso Couso, actualmente á espera dun ditame do Tribunal de Estrasburgo, logo de que o xuíz Pedraz arquivara o caso a causa da reforma lexislativa que eliminou o principio de xustiza universal.

Rematou o acto coa intervención do alcalde de Ferrol, Jorge Suárez Fernández, que apostou tamén porque o galardón teña unha longa continuidade, "como reivindicación da busca de xustiza polo asasinato de José Couso e como altavoz da defensa da liberdade de prensa".

A preguntas dos comunicadores, González Sarria analizou o momento actual da profesión xornalística, salientando que "son precisamente os xornalistas de Ferrol os que mellor coñecen a precaria situación". Neste sentido, fixo referencia á petición do alcalde de que se reabran as delegacións dos medios públicos na cidade departamental, unha demanda que o Colexio de Xornalistas apoiou publicamente.

Con este acto, ábrese o prazo de presentación de candidatos ao Premio José Couso, facendo un chamamento á participación de todos os xornalistas. Ata as 19:00 horas do 14 de marzo poderanse presentar as propostas que se van anunciar como definitivas o día 16 de marzo. Entre ese día e as 19:00 horas do 6 de abril, o xurado, composto polos colexiados e colexiadas do Colexio de Xornalistas e polos socios e socias do Club de Prensa, poderá votar as candidaturas. O fallo do xurado darase a coñecer nunha rolda de prensa. A entrega terá lugar o día 4 de maio no Teatro Jofre de Ferrol.

Calquera colexiado do CPXG ou socio do Club de Prensa de Ferrol pode entregar unha proposta. Igualmente, calquera persoa ou organización vinculada ao xornalismo está facultada para facer chegar a súa candidatura. O envío de candidaturas, con argumentación e currículum vitae, realizarase ao seguinte correo electrónico: premiocouso@xornalistas.com ou a través da web do Premio Couso.

Ferrol, 17 de febreiro do 2017

Libertad de Prensa
En el año 2002 inicia el Club de Prensa sus actividades en torno al Día Internacional de la Libertad de Prensa que tendrá continuidad en años posteriores.

La profesora de Periodismo Elsa González, durante los actos de 2002, recordó los graves problemas con los que se encontraba el ejercicio del periodismo. En 2001 han muerto 31 periodistas en el mundo. La cifra es similar a la de años anteriores, pero el número de profesionales agredidos y censurados en el mundo ha aumentado.

Recordó a los profesionales españoles muertos en el mundo desarrollando su labor: Julio Fuentes, Miguel Gil y José Percebal.

En posteriores años intervinieron los periodistas Juan Pedro Valentín de Tele 5 (2003); Ana Expósito de TVG (2004) y José Ramón Ariño de El País (2005).

Esta efemérides de la Libertad de Prensa se agrava y se dramatiza con el asesinato del cámara ferrolano José Couso, durante la invasión de Irak de 2003.

Nuevamente el CLub de Prensa y el CPXG  se unen e intentan que el hecho trascienda a la sociedad. Ante situaciones como esta, el Club de Prensa siente que la noción de LIBERTAD de información, que no es un símbolo, que es una necesidad, está cuestionada o puesta en peligro.



Premio José Couso da Liberdade de Prensa

Premio José Couso de Libertad de Prensa. Club de Prensa de Ferrol El I Premio José Couso de Liberdade de Prensa fue convocado por el Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) y el Club de Prensa de Ferrol y patrocinado por Caixanova, con el objetivo de reconocer y difundir el trabajo de una persona viva u organización existente destacada en la defensa de la libertad de prensa o con una destacada trayectoria profesional, libre e independiente.

El ganador del Premio José Couso recibe un Diploma acreditativo y el símbolo distintivo que representa el Premio, consistente en la reproducción -numerada y por firmada por el autor- de la escultura de gran formato Ás Ceibes, instalada en la ciudad de Ferrol en el 2005, por iniciativa del Club de Prensa de Ferrol y la colaboración del artista Manuel Patinha

José Couso fue alcanzado por un disparo el 8 de abril de 2003 mientras realizaba su trabajo para los informativos de Tele 5. En el mismo ataque falleció el también cámara ucraniano Taras Protsyuk. El CPXG y el Club de Prensa de Ferrol, quieren personalizar en la figura de Couso a todos aquellos periodistas, gallegos o no, que cada año son asesinados, maltratados o privados de sus derechos como personas y como informadores.

Obra Social La Caixa, sensible a esta demanda de nuestra sociedad y muy en particular del desarrollo del ejercicio profesional de los periodistas, en el deseo de estimular la memoria de este derecho inalienable del hombre en diálogo abierto y plural, patrocina esta actividad.


© Club de Prensa de Ferrol 2009-2017