Logo
Libertad de Prensa: El premio José Couso

Bases do XIII Premio José Couso


O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), creado pola Lei do Parlamento Galego 2/99 do 24 de febreiro, o Club de Prensa de Ferrol e a Obra Social ‘La Caixa’, convocan a décimo primeira edición do Premio José Couso de Liberdade de Prensa, co obxectivo de recoñecer e difundir o traballo dunha persoa viva ou organización existente destacada na defensa da liberdade de prensa ou cunha salientable traxectoria profesional, libre e independente.

José Couso foi disparado o 8 de abril de 2003 mentres realizaba o seu traballo para os informativos de Tele5. No mesmo ataque faleceu o tamén cámara ucraíno Taras Protsyuk. Os organizadores queren personalizar na figura de Couso a todos aqueles xornalistas, galegos ou non, que cada ano son asasinados, maltratados ou privados dos seus dereitos como persoas e como informadores.

O XIII Premio José Couso de Liberdade de Prensa rexerase polas seguintes bases:

1.   Poderán ser presentadas as candidaturas dos xornalistas sen distinción de lugar de orixe.
2.   Calquera colexiado do CPXG ou socio do Club de Prensa de Ferrol pode entregar unha proposta
      argumentada de candidato para o Premio José Couso de Liberdade de Prensa.
      Igualmente, calquera persoa ou organización vinculada ao xornalismo está facultada para facer
      chegar a súa candidatura.
3.   As candidaturas deben incluir a seguinte DOCUMENTACIÓN:

      a. MEMORIA que conteña as razóns para apoiar dita candidatura (mínimo dun folio,
      máximo de cinco).

      b. CURRÍCULUM VITAE do candidato ou traxectoria da organización (mínimo dun folio,
      máximo de catro).

      A candidatura pode ir acompañada, de ser necesario, por outros tipos de material de apoio e,
      en xeral, por calquera documento que achegue datos relevantes e información adicional.
      Esta información poderá ser incorporada á web do Premio.
4.   As candidaturas serán enviadas por correo electrónico a premiocouso@xornalistas.gal.
      Deberá ir perfectamente identificada a persoa ou entidade que propón a candidatura e un
      número deteléfono de contacto para as comprobacións pertinentes.
5.   As candidaturas deberán presentarse necesariamente antes das 19:00 horas do día 14
      de marzo.
6.   Non serán admitidas as candidaturas que non cumpran cos anteriores requisitos.
      A documentación presentada non será devolta nin se manterá correspondencia sobre ela.
      O Secretario do CPXG levantará acta sobre as candidaturas recibidas e entregadas, xunto coas
      mesmas, á organización.
      A comisión fará oficiais e públicas -na web do Premio e na sede do CPXG- as candidaturas o
      18 de MARZO.
7.   A Xunta de Goberno do CPXG e a Directiva do Club de Prensa de Ferrol nomearán unha
      comisióne specífica para a organización do certame. Esta comisión é o máximo órgano de
      decisión do premio e as súas decisións non admiten recurso algún.
8.   O XURADO do Premio José Couso está constituído por todos e cada un dos colexiados do CPXG
      e socios do Club de Prensa de Ferrol que teñan ao día o pagamento das súas cotas de
      asociados.
      O Decano do CPXG e o Presidente do Club de Prensa actuarán, respectivamente, como
      presidente e vicepresidente do xurado. Nomearase tamén un secretario.
9.   O xurado poderá votar única e exclusivamente a través de internet. A votación electrónica
      realizarase entre os días 18 de MARZO e ás 19:00 horas do 12 de ABRIL na web do premio:
      http://couso.xornalistas.gal/.

      Os colexiados e colexiadas do CPXG realizarán o seu voto a través da intranet da web do
      CPXG. Os socios e socias do Club de Prensa de Ferrol realizarán o seu voto enviando un mail
      co seu candidato a premiocouso@xornalistas.com. Deberán enviar a súa elección e incluír os
      seus datos persoais (nome, DNI e número de asociado). O voto non será válido se os datos
      non foran correctos.

      O Secretario do CPXG levantará acta dos votos recibidos, quen os contará atribuíndollos a
      cada un dos candidatos. O Premio seralle concedido ao candidato que obteña a maioría dos
      votos.
      En caso de empate, o presidente do xurado disporá de voto de calidade.

      Este procedemento farase en presenza dun notario, quen levantará acta do resultado.

10.  O Premio José Couso é un recoñecemento da profesión xornalística galega que non implica
      ningunha contía económica. O gañador recibirá un diploma acreditativo e o símbolo distintivo
      que representa o Premio, consistente nunha escultura de Manuel Patinha, que leva o nome de
      "Ás ceibes".
11.  O fallo do xurado darase a coñecer en rolda de prensa o 7 DE MAIO.


    (A participación neste certame implica a aceptación destas bases, depositadas ante notario)


© Club de Prensa de Ferrol 2009-2017