Logo
Cursos de Pensamiento Carlos Gurméndez

El curso de Pensamiento Carlos Gurméndez

O Curso de Pensamento Español Contemporáneo nace en 1998 ao redor da figura do escritor e filósofo Carlos Gurméndez, quen en vida, chegou a converterse nun divulgador de luxo das actividades do Club de Prensa de Ferrol, cun apoio especial á revista Ferrol Análisis. Esta actividade que é unha das máis solicitadas dentro dos cursos de verán, celebrouse no convento de San Agostiño de Pontedeume ata a décimo quinta edición que foi cando o Club de Prensa mudou a sede polo campus universitario de Ferrol. O Curso Gurméndez, co que colabora a Universidade da Coruña, a Xunta de Galicia e a Deputación Provincial , mantén tamén todo o seu vigor coa programación de contidos que responden a actualidade nas respectivas convocatorias anuais.

© Club de Prensa de Ferrol 2009-2018