Logo
24 Galicia en Foco

Galicia en Foco 2017: o fotoxornalismo galego

1. Poderán concorrer os fotoxornalistas que traballen ou colaboren nun medio de comunicación galego: prensa diaria, revistas, libros, axencias...

2. As fotografías deberán estar publicadas entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2016.

3. Créanse dous apartados de participación e só se poderá participar nun deles:
3.a. FOTOXORNALISMO NA PRENSA. Os fotógrafos enviarán como máximo tres fotografías en B/N ou cor. Para esta modalidade deberase enviar orixinal ou copia lexible e enteira da páxina do medio onde foi editada para a súa reprodución no catálogo da exposición. En caso de non poder reproducir as tres fotos na exposición de Galicia en Foco amosaranse unha ou dúas por orde numérico. No catálogo reproduciranse todas as fotos presentadas.
3.b. FOTOXORNALISMO DE REPORTAXE. Os fotógrafos enviarán tres fotografías en B/N ou cor, que formarán unha serie e irán acompañadas de un texto explicativo da temática de un máximo de 800 carácteres. Na exposición, a serie fotográfica imprimirase nun panel xunto ao texto explicativo. Enviarán tamén copia ou orixinal lexible da publicación desta reportaxe no medio onde foi publicada.

4. Os autores enviarán as fotografías en arquivo dixital por correo electrónico a envios.galiciaenfoco@gmail.com. As especificacións técnicas dos arquivos son: espazo de cor AdobeRGB(1998), 8 bits, formato jpg (opcións de imaxe en calidade máxima, liña de base estándar), a 300 puntos por polgada de resolución e con tamaño de imaxe do lado máis grande de 30 cm. O nome dos arquivos fotográficos debe ser: nomedoautorgf001-2-3.jpg (no caso das fotos do apartado 3a). No caso das fotos de reportaxe (3b) será: nomedoautorgfserie1-2-3.jpg.

5. Cada fotografía enviarase coa súa ficha individual debidamente cuberta. Non se admitirán aquelas que non estean cubertas por completo.

6. Os fotógrafos enviarán un breve currículo (ademais de cubrir a ficha de inscrición), que nunca excederá dos 600 carácteres, limitándose exclusivamente á súa formación académica e actividade profesional.

7. O prazo de recepción rematará o día 15 de abril de 2017, non admitíndose ningunha fotografía despois desta data. O fotógrafo que envíe por correo-e deberá comprobar a súa recepción por medio do propio correo: envios.galiciaenfoco@gmail.com.

8. O Xurado estará composto por: A Presidenta do Club de Prensa de Ferrol, un fotoxornalista e un membro da Asociación Galega de Fotógrafos, asistidos por un secretario con voz e sen voto, membro do Club de Prensa de Ferrol.

9. A presentación a este certame supón a aceptación das bases.

   (descarga de las bases y formulario para cumplimentar, en formato PDF)
© Club de Prensa de Ferrol 2009-2017