V Premio de Xornalismo

Bases do V Premio de Xornalismo Luís Mera

  • Poderán concorrer ao certame os xornalistas profesionais e colaboradores habituais que desenvolvan o seu labor de información ou opinión, sobre calquera tema ou xénero, no ámbito xeográfico das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, cun traballo que fose publicado ou emitido nun medio de comunicación da Comunidade Autónoma Galega.
  • O Premio está dotado con 1.000 euros, diploma acreditativo e alegoría artística. No caso de recaer o premio en traballos colectivos, a contía repartirase proporcionalmente entre o número de autores do mesmo. O Xurado poderá outorgar accésits, sen dotación económica, entregando aos seus autores pezas artísticas alusivas ao Xornalismo. O importe do Premio estará suxeito ás correspondentes retencións fiscais.
  • Poderán presentarse ao Premio traballos publicados ou emitidos ao longo do ano 2018. Non se admitirán traballos publicados ou emitidos fóra dese período. Só se aceptará un traballo por autor ou colectivo de autores.
  • O prazo de admisión de traballos finaliza o vindeiro 8 de marzo de 2019.
  • Os exemplares presentaranse de acordo con estas condicións:
    • Prensa escrita: Enviarase unha copia da publicación na que fose difundido.
    • Audio ou vídeo: Entregarase unha copia que deberá recoller o espazo ou programa completo en que foi emitido.
    • Electrónico: Presentarase unha copia que recolla a captura da páxina ou páxinas web onde foi difundido.
  • Os traballos poderán enviarse por correo electrónico a premioxornalismo@clubdeprensadeferrol.com ou por correo postal ao 5º Premio de Xornalismo “Luís Mera”. Club de Prensa de Ferrol. Apdo. de Correos 283. 15480 Ferrol.
  • A presentación e inscrición farase a través da páxina web do Club de Prensa de Ferrol. Unha copia desta inscrición será enviada coa copia do traballo ao enderezo elixido para o envío. Os autores enviarán tamén un breve currículo indicando a súa formación e actividade profesional.
  • O Xurado estará composto pola presidenta do Club de Prensa (ou persoa na que delegue) e por profesionais do sector da Comunicación de cada unha das áreas obxecto do concurso e estará asistido nas súas deliberacións por un secretario membro do Club de Prensa, con voz e sen voto.
  • A decisión do Xurado será inapelable. O Premio poderá declararse deserto.
  • O fallo do xurado farase público o sábado 13 de abril de 2019.
  • O Club de Prensa de Ferrol poderá divulgar os traballos premiados citando o medio de publicación ou emisión orixinal e o nome do/a autor/a.
  • A presentación a este Premio implica a aceptación polos autores de todas as bases da convocatoria, así como a autoridade do Xurado para resolver continxencias non explícitas nesta normativa.
Ferrol, xaneiro de 2019